Xudias, pementos de Padrón, pementos morróns, leitugas, pipas de cabaza e de xirasol

Os nenos e nenas de 4º de Primaria plantaron sementes de xudías, pementos de Padrón, pementos morróns, leitugas e pipas de cabaza na clase de Ciencias Naturais. En primeiro lugar observaron os diferentes tipos de sementes e falaron de todo o necesario para a plantación.Despois fixeron a sementación en vasos individuais.

BO VERÁN

Neste curso tan peculiar fixemos un montón de actividades para fomentar o coidado do entorno natural dun xeito transversal e dinámico. Nas fotografías os alumnos e alumnas de 3º e 6º de Primaria levan carteis nas mans, elaborados na clase de Inglés, para fomentar o coidado do medio ambiente. Vémonos en setembro. Bo verán a tod@s!!