Recibimos este curso un composteiro dende SOGAMA, e aquí está, listo para comezar a funcionar!!


Recibimos este curso un composteiro dende SOGAMA, e aquí está, listo para comezar a funcionar!!


Os nenos e nenas de 3° e 4° de Primaria falaron en inglés coa auxiliar de conversa e coa súa profe das cousas que podemos facer cada día para coidar o noso planeta. Despois en Art and Crafts plasmaron nun mural todos as propostas.



Outro dos deportes que practicamos todos os anos no noso centro: o Ringo-Red, dándolle nova vida a material vello.
Fabricación dun Ringo
O alumnado de 6º de EP plantou esta mañá un metrosidero no patio do colexio. Esperamos que medre tanto coma eles.



Os nenos e nenas de 5° de Educación Infantil elaboran maracas coa profe de Música usando material de refugallo.





A tomateira é orixinaria de América Central e do Sur. Chegou a Europa hai máis de catrocentos anos. Esta planta herbácea e perenne cultívase para o consumo alimentario do seu froito: o tomate. Non é moi esixente no seu cultivo aínda que a luz solar é moi importante para o seu crecemento.
Os nenos e nenas de 2º de Primaria plantan, coidan e observan o crecemento das tomateiras.




“Bellis perennis” é o nome científico da margarida común ou europea. É unha planta herbácea orixinaria do Norte de África e de Asia Central que na actualidade está estendida por todo o mundo.
Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria observan, estudan e coidan as margaridas plantadas no patio do cole. Tamén están preparando o terreo para plantar máis margaridas e outras plantas nos vindeiros días.

O perexil é unha planta herbácea, coas follas moi divididas, de cor verde escura e flores amareladas en umbela. Distribúese por todo o mundo e emprégase como condimento en moitas comidas.
O seu nome científico é “petroselinum crispum”.Nesta imaxe algunhas nenas de 1º de Primaria amosan como medra o perexil que sementaron coa súa titora na aula.
Alumnas e alumnos de 2º de Primaria plantan tomateiras na súa aula coa súa titora.

