Investigando no patio

No patio do noso cole hai varios tipos de árbores. Entre elas piñeiros, unha cerdeira, un loureiro, unha figueira, unha oliveira, un castiñeiro, unha nogueira, varias maceiras e unha laranxeira. De todo iso falaron, en inglés, os nenos e nenas de 3º de Primaria con Shareen, a nosa auxiliar de conversa. Tamén observaron e procuraron información sobre as características de cada árbore.

Amorodos brancos

Os nenos e nenas de 3° de Primaria limparon a terra e as herbas das plantas de amorodo que plantaran o curso anterior coa súa mestra.  Amais escolleron os fillos nas mesmas plantas e aprenderon a trasplantalos.

Despois plantaron unha clase diferente de amorodos que recibiran como agasallo da nai dunha alumna: os amorodos brancos.