Descubrindo o insecto pau

Grazas á colaboración dunha familia os nenos e nenas de 1º de Primaria observaron estes días insectos pau de diferentes tamaños.

Viron a súa escasa mobilidade e como se mestura co medio para pasar desapercibido.

Coa súa mestra aprenderon moitas cousas deste animal invertebrado, de aparencia a unha rama, que se alimenta de follas de silvas ou roseiras.

XERMINANDO AGUACATES

O alumnado de 3º EP, dentro da área de Ciencias da Natureza, comezou o experimento de facer xerminar varias sementes de aguacate.

A idea é que, neste proceso, experimenten as tres funcións vitais que tódolos seres vivos facemos: reprodución, nutrición e relación; e sexa un complemento ao traballo realizado na aula.

Bo verán e ata setembro!!

Durante este curso todo o alumnado do cole de Olveira, xunto co profesorado, realizamos moitas actividades relacionadas co coidado e a protección da natureza. Plantamos pementos, grelos, cenorias, cabazas e fabóns no horto escolar. Tamén fresas en macetas grandes e pequenas. Plantamos, observamos e coidamos moitas árbores froiteiras como nogueiras, maceiras, pereiras e oliveiras. Asemade reflexionamos e falamos sobre accións da nosa vida cotiá que contribúen ao coidado e respecto do medio ambiente, a un consumo sostíbel e ao aforro de enerxía. Fixemos murais informativos e tamén saídas ao Parque Natural, observando de primeira man os danos do refugallo abandonado na praia da Ladeira.

Agradecer dende aquí  a colaboración das familias con diferentes actividades, como a plantación de árbores autóctonas, e desexarvos a todos e a todas un bo verán.

Vémonos en setembro!!