AUDACITY | Editor de Son

IMAXEN
Clker-Free-Vector-Images, Ear-Phone, en pixabay.com, licenza CC 0


O AUDACITY é un software de tratamento de son e gravación dixital. Trátase dun programa de ‘código aberto’ totalmente gratuíto e que se pode usar tanto en Linux como en MacOs ou Windows.

O seu uso é relativamente sinxelo e con el, ademais de gravar o son que entra no noso ordenador, imos poder editalo, é dicir: cortalo, pegalo, arrastralo, modificar o volume, mesturar varios sons,…

Hai unha gran comunidade detrás desta aplicación e existen infinidade de manuais e vídeotitoriais pola rede que resolven, de xeito doado, as dúbidas que poidan aparecer no seu uso.

Nós utilizarémolo para facer a ‘post-produción’ dos podcast ou gravacións que non se fagan ‘en vivo’, polo que é importante que adquiramos certa soltura en algunhas accións básicas.

Os atallos de teclado é algo que nos pode axudar a facer unha produción máis fluída xa que non temos que andar a premer co rato nas iconas das ferramentas nin bucear polos menús do software. Algúns dos atallos de teclado que maís imos a utilizar en Audacity son:

  • SELECCIONAR: F1
  • DESPRAZAR: F5
  • ZOOM In / ZOMM Out: CTRL+1 / CTRL+3
  • DIVIDIR: CTRL+i

Quixemos facer uns titoriais curtos das cousas máis comúns que se fan con este software. Están nunha orde cronolóxica dos pasos a facer cando queremos editar os arquivos de son.


AUDACITY | Instalación en Ubuntu

AUDACITY | Crear Proxecto

AUDACITY | Importar Son

AUDACITY | Gravar Son

AUDACITY | Desprazar e Dividir

AUDACITY | Reducir e Aumentar Ganancia

AUDACITY | Fade In – Fade Out

AUDACITY | Mistura Automática

AUDACITY | Gardar, Exportar e Metadatos