Como comentamos con anterioridade, para estender o traballo da radio e que poida ser coñecido por toda a comunidade educativa do centro, ou incluso por outros centros educativos, imos a precisar un lugar onde aloxar os nosos podcast e, a partir de aí, poder compartilos cos demais.
Existen un montón de servizos web que dedican a esta tarefa (uns gratuítos e outros de pago) e cada certo tempo aparece algún novo. Entre eles podemos sinalar:
Cada un deles ten as súas peculiaridades e características. Quizais o máis diferente destes servizos sexa ‘Anchor’ xa que ten unha APP para móbiles e tabletas e pódense crear os podcast dende a aplicación e subilos directamente. A subida faina directamente a Spotify, que é un dos servizos de música en ‘streaming’ máis utilizados.
No noso centro decidímonos, no seu día, por iVOOX xa que parecía máis intuitiva que a competencia e semellaba que había aloxadas bastantes radios escolares nela. Asemade, podes embeber os podcast aloxados nela, cun código HTML5, directamente na bitácora da radio. Hoxe seguimos utilizando iVOOX e temos alí todos os podcast que imos creando organizados por cursos.

Aquí tedes un listado dos videotitoriais que creamos sobre iVoox:


