
Os controladores MIDI son aparellos capaces de enviar e recibir información grazas ao protocolo MIDI. A característica máis importante destes trebellos é que todos os seus botóns, knobs, faders,… son completamente configurables. Isto quere dicir que imos poder adaptar estes aparatos ás nosas propias necesidades e ás características do noso taller de radio. A parte menos positiva é que esta configuración non sempre é un proceso sinxelo e vai depender do noso equipo, do sistema operativo, do software de gravación…
No noso centro temos a HERCULES P32DJ e fai a función de mesa de misturas controlando o software MIXXX, un programa deseñado nun principio para o uso nas sesións de DJ, pero que fai perfectamente a función dentro da radio. O son entra e sae do ordenador a través da tarxeta BEHRINGER UMC404HD que vimos anteriormente, polo que este aparello será só controlador.
Aquí vos deixamos unha listaxe de varios videotitoriais sobre o software a superficie de control MIDI HERCULES P32DJ que nos serán de axuda á hora de facer un programa de radio en directo. Van dende o máis xeral a cousas máis concretas para ir familiarizándonos con el.
HERCULES P32 | Mapeo para Mixxx
Aquí tamén podedes consultar un manual que elaboramos con todo o ‘mapeo’ (o que fai cada un dos botóns) deste controlador MIDI no noso centro manexando o MIXXX.