ALTOFALANTES

Os altofalantes son os encargados de emitir o son de xeito q ue o podamos escoitar varias persoas á vez sen precisar de auriculares.

No noso centro temos unha parella de altofalantes de estudio (planos: que non realza excesivamente ningunha das frecuencias do son). Trátase dos Hercules DJ Monitor, de construción en madeira, cun potenciómetro de volume dedicado e accesible e conexión de entrada tipo RCA (INPUT L R).

O da dereita leva integrado un amplificador de potencia (activo), polo que debe ser enchufado á rede eléctrica. Asemade é o que controla o a saída de son dos dous co potenciómetro que presenta no panel frontal. Deste sae o son para o da esquerda, que é pasivo (To L-SPK).