Os técnicos de son deben ter un gran control sobre todo o equipamento que se utiliza na radio: micrófonos, auriculares, mesas, tarxetas de son, ordenadores,… E tamén deben dominar o software utilizado para o rexistro e edición dos programas.
É importante que teñan a soltura suficiente como para poder resolver algún pequeno problema que se poida dar no transcurso dun programa: micro que non vai, auriculares que non se escoitan,…
Ter organizadas as canción e os efectos de son antes de comezar o programa é algo que facilita bastante o traballo e elimina certo grado de incerteza, polo que debemos facer fincapé nisto.
Nun primeiro momento é boa idea que algún mestre acompañe ao alumno/a modo de titor, para ilos guiando no proceso e que se sintan máis seguros. Posteriormente, cando adquiran certa soltura, poderán levar o programa sen axuda externa.