A RADIO ESCOLAR EN GALICIA

IMAXEN
Australian Broadcasting Corporation, Kindergarten of the Air, en flickr.com, licenza CC BY-NC-ND


Aínda que no noso centro o obradoiro de radio é moi novo, noutros coles de Galicia levan moitos anos traballando coa radio como un recurso máis. De feito, existen asociacións de radios escolares organizando certames, cursos, relatorios, charlas, obradoiros… dende hai tempo.

Na nosa comunidade, a máis emblemática é PONTE NAS ONDAS, que leva máis de 25 anos fomentando o uso da radio dentro da escola. Entre outras moitas cousas crearon un lugar de encontro para todos os centros educativos que traballamos coa radio: o portal ESCOLAS NAS ONDAS, onde podemos atopar un directorio de coles e institutos de Galicia, Portugal e Brasil, que están traballando neste eido. Como non podía ser doutro xeito a nosa radio Supercoleondas xa forma parte neste portal.

Outro dos puntos de encontro de radios escolares é a REDE ESPORA, que ademais de ser ter unha listaxe de centros que traballan nesta materia, teñen uns videotitoriais moi xeitosos. Asemade organizan certames, concursos,…

Pola sua banda, a Consellería de Educación decidiu, hai uns anos, fomentar o uso desta ferramenta nos centros cun programa que se chama RADIO NA BIBLIO e que, como ben di o nome, forma parte das bibliotecas dos centros. Os centros que entran neste programa teñen unha primeira dotación económica para a compra de material e acondicionamento dun lugar para establecer o obradoiro e outra dotación anual, máis pequena, para investir en obradoiros tanto para alumnado como para profesorado.