TITORIAIS MIXXX

IMAXEN
MarkWiesenbach, Vinyl Record, en pixabay.com, licenza CC 0


O MIXXX é un programa que foi deseñado, nun primeiro momento, para emular as mesas de DJ analóxicas. É tamén un software de ‘código aberto’ e totalmente gratuíto e presenta todas as funcións que un DJ pode necesitar.

Se un está afeito ás mesas de DJ, o seu uso é moi intuitivo, senón, podemos tardar un pouquiño máis en adaptarnos pero, coa axuda do Cotrolador MIDI Hercules P32DJ, o seu manexo vaise facer moito máis doado.

Non ten unha comunidade detrás tan grande como Audacity, xa que é un software moi específico, pero en fala inglesa podemos atopar respostas a todo.

Nós utilizarémolo para facer as gravacións dos programas ‘en vivo’, podendo controlar con el os catro micrófonos e dous pratos (virtuais) para a mestura de cancións.

Quixemos facer tamén uns titoriais curtos das cousas máis habituais que se utilizab con este software que podedes consultar a continuación. Están na orde cronolóxica dos pasos a a seguir cando queremos facer un programa en directo.


MIXXX | Instalación en Ubuntu dende ‘Terminal’

MIXXX | Controis Básicos

MIXXX | Listas Reprodución

MIXXX | DJ Automatico