A RADIO E AS COMPETENCIAS

IMAXEN
TBIT, Frecuencia Radio Escala, en pixabay.com, licenza CC 0


Calquera dos traballos que fagamos na radio, dentro do centro, vai contribuír, en maior ou menor grao, ao desenvolvemento das Competencias Clave. A continuación nomeamos unha serie de achegas que a radio aporta nas aprendizaxes do noso alumnado.

  • Comunicación lingüística: Ao ter que redactar e ler en voz alta de xeito expresivo diversos textos.
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía: A relación coa tecnoloxía é evidente. As matemáticas están máis presentes nos programas en directo polo ‘timming’ dos mesmos.
  • Competencia dixital: Os ordenadores son parte fundamental do proceso radiofónico hoxe en día, así como outro tipo de aparellos: gravadoras, cámaras,…
  • Aprender a aprender: Eles mesmos van construíndo as súas aprendizaxes baseándose nas experiencias nos tres roles existentes neste tipo de proxectos.
  • Competencias sociais e cívicas: Teñen que chegar a acordos, traballando en equipo, tomando decisións e sendo conscientes que a suma das achegas de todos fan posible levar a cabo o proxecto.
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor: O alumnado será partícipe da toma de decisións previas aos proxectos, tipo de programas, temática,… Asemade, chegado o momento, cada un dos alumnos/as participantes decantaranse por un dos tres roles: redactores, locutores ou técnicos.
  • Conciencia e expresións culturais: A radio foi, dende sempre, un medio polo que se difunde música, novas, literatura, cultura en xeral. Ademais, ao estar enmarcada dentro dun centro educativo, está claro que ten un destacado papel educativo e cultural.