DEREITOS DE IMAXE

IMAXEN
geralt, Fotografía tomando fotos mujer, en pixabay.com, licenza CC 0


Como xa sabedes dende hai un tempo temos que ser moi cautos á hora de publicar cousas dos nenos/as por mor da “Lei Orgánica 3/2018, de 5 de dicembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.” . De feito, dende a Xunta de Galicia publicouse un protocolo específico para este tema: Protocolo de Protección de datos.

Debemos ter en conta que a imaxe de calquera persoa non se limita só a unha fotografía ou vídeo, senón que se refire a calquera aspecto propio da súa persoa, polo que o son da súa voz tamén está protexido por esta normativa.

Polo tanto, debemos asegurarnos que o alumnado que participe nos podcast que imos a publicar teñan, debidamente asinada, a autorización para tal fin.