AURICULARES E DIVISOR DE AURICULARES

Para poder escoitar todo o que está pasando no programa mentres o facemos, utilizamos uns auriculares. No noso estudo de radio temos cinco auriculares marcados con código de cores, catro para os locutores/as e un para o/a técnico. Todos eles van conectados á saída de auriculares da da Behringer UMC 404HD grazas a un divisor de auriculares: Behringer HA400.

Este aparato debe ir conectado á rede eléctrica co seu alimentador á entrada de 12v (esquerda de todo). Logo ten catro saídas de auriculares con un potenciómetro para controlar o volume que sae por cada unha de las: saídas do 1-4. Por último, á dereita de todo, ten a entrada INPUT, pola que entra o son que vai ser repartido.

Resumindo, da saída de auriculares da Beheringer UMC 404HD sae un cable divisor. Un dos extremos vai para os auriculares do/a técnico. O outro conéctase directamente no INPUT do divisor Behringer HA400, e así conseguimos cinco saídas de auriculares (exactamente iguais) para todos.

En canto aos auriculares temos un par de modelos da marca Superlux (HD661 e HD669) moi similares en prestacións. Todos eles teñen conexión JACK 3.5 (fino) con adaptador a 6.5 (ancho). Teñen as espumas intercambiables, para substituír si se deterioran. Son stereo e semipechados e fan perfectamente a función de escoita que buscamos.