TITORIAIS HARDWARE

IMAXEN
OpenClipart-Vectors, Headphones microphone sound, en pixabay.com, licenza CC 0


Cando falamos de hardware en xeral, estamos a falar de aparellos tecnolóxicos físicos e palpables que serven para facer determinadas cousas: un teclado, un rato, un monitor,… Cando nos referimos a hardware no mundo da radio este abano de aparellos amplíase a un montón de trebellos indispensables para capturar e escoitar o son cunha certa calidade, sen interferencias nin ruídos molestos.

A Continuación imos ver unha listaxe dos materiais concretos que temos na nosa radio. Esta configuración, como pasa con moitas outras cousas, non é a única posible. Cada centro debe adaptar o material ás súas necesidades para acadar os mellores resultados.

Aquí vos deixamos un videotitorial no que se trata o tema do hardware que temos no noso centro, o xeito de conectalo e para que serve cada un destes trebellos.


HARDWARE | Vista Xeral