Cando utilizamos unha música de fondo para os nosos programas ou unha imaxe para acompañar ao podcast publicado na web, debemos facer referencia do lugar onde o descargamos e da autoría do mesmo. Igual que cando facermos referencia a algún texto escrito debemos seguir facelo do xeito correcto, existe unha forma, aceptada polo CAFI, da de como facer esa referencia nas nosas publicacións. Aquí tedes un exemplo:

Como vedes no exemplo temos dúas referencias feitas, unha para a música de fondo que se utilizou para o podcast e outro para a imaxe que se usou para a súa publicación en internet. As dúas están feita do mesmo xeito:
| Autor/a | + | , | + | Título da obra | +, | en | + | web onde se atopa | + | , ,licenza | + | tipo de licenza |
| (Enlace á web do autor) |
|
|
| En cursiva |
|
|
| (Enlace á web da obra) |
|
|
| (Enlace ao tipo de licenza) |
Temos que ‘enlazar’ (sempre que sexa posible) tanto o autor, como o sitio de onde sacamos o recurso e o tipo de licenza tal e como se amosa neste cadro.
Aquí vos deixamos un vídeo explicando todo isto: