Existen diferentes tipos de cables e conexións de son en función dos seus usos e características. No noso taller de radio traballamos, basicamente, con tres tipos diferentes: XLR (cannon), JACK e RCA.
XLR ou Cannon: É un tipo de cable que se utiliza en varios lugares dentro da produción sonora. Nós só usamos os XLR de 3 pins para a conexión entre os micrófonos e a tarxeta de son UMC 440HD. Leva dous conectores, un macho (male) e outro femia (female). Como regra xeral o conector ‘male’ é do que parte o son e o ‘female’ e ao que se dirixe.

JACK: Outros cables históricos dentro do mundo do son. Este tipo de cables teñen varios grosores. Nós utilizamos os de 3’5 e os delgados e 6’3 (1/4) os anchos. Asemade, se nos fixamos ben neste tipo de conectores, presentan unhas raias atravesándoos. Se só teñen unha, estamos ante un cable ‘MONO’ que só é quen de enviar o son dun canal (esquerdo ou dereito), é o típico dos instrumentos musicais: guitarras, baixos,… Se teñen dúas raias, estamos ante un cable ‘STEREO’ que envía o son dos dous canais (esquedo+dereito), ou ante un TRS que ten outras aplicacións. No noso obradoiro de radio utilizamos os JACK STEREO para conectar os auriculares coa tarxeta de son UMC 404HD.

RCA: Son os típicos cables para conectar aparellos de son caseiros entre eles. Acostuman a ter dúas cores ben diferenciadas: VERMELLO (canal dereito) e BRANCO ou NEGRO (canal esquerdo). Tamén existen uns de cor amarelo, que son polos que se enviaba sinal de vídeo antigamente. Nós utilizamos o cable RCA para conectar os altofalantes coa tarxeta de son UMC 440HD.
