
O alumnado de 4º de Primaria estivo no horto escolar cos seus mestres e puido comprobar de primeira man a importancia do coidado da terra para a plantación ecolóxica e o crecemento das hortalizas.

O alumnado de 4º de Primaria estivo no horto escolar cos seus mestres e puido comprobar de primeira man a importancia do coidado da terra para a plantación ecolóxica e o crecemento das hortalizas.
Este curso os nenos e nenas do cole verán a utilidade dun invernadoiro e como se poden cultivar hortalizas e legumes fóra da estación habitual.
Como vén sendo habitual dende hai xa algúns cursos, este ano tamén contaremos coa colaboración de Manolo e Johanna, da Asociación agroecolóxica, “Sachos á rúa”. Moitísimas grazas polo voso tempo, cariño e bo facer!

Chegou setembro e no CEIP de Olveira iniciamos un novo curso escolar con moita ilusión e proxectos.
O alumnado de 6ºP estreou o invernadoiro do horto escolar. Limparon as herbas, prepararon a terra e distribuiron as parcelas no seu interior. Tamén falaron coa súa mestra sobre a súa utilidade e os distintos usos da palabra “invernadoiro”.

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes de todo o traballo que fixemos en Voz Natura no curso 25/26. Grazas infinitas a todo o alumnado e profesorado por participar nas iniciativas levadas a cabo dende o noso equipo e unha forte aperta para Manolo e Johanna polo seu traballo desinteresado.
Estes días os nenos e nenas dos cursos de EI 4°, EI 5° e 1° P desfrutaron dunha saída ao parque periurbano de San Roque. Alí observaron a vexetación do lugar e decatáronse do importante que era coidar a natureza. Aproveitaron para regar e plantar cabazas no horto ecolóxico do parque.



No cole de Olveira celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente cunha mostra de instrumentos musicais feitos con materias de refugallo. Un excelente traballo do alumnado de 5° P e 6° P.
O noso agradecermento ás familias pola súa colaboración.

O. alumnado de 4º P rega con frecuencia as macetas de amorodos. Saben ben da importancia da auga e da luz solar para o crecemento das plantas. E cada día agroman máis amorodos.

Os nenos e nenas de 5º P fixeron unha boa recolleita de patacas no horto escolar. Parabéns!!

O alumnado de 3ºEP segue a taballar no horto con moito ánimo. Mantemento, preparación da terra e plantación. Todos os días son bos para pasar polo noso horto!

Chegou a primavera e os nenos e nenas de 4°P plantaron amorodos no patio do cole. Nunhas semanas comenzarán a agromar.
