TIPOS DE PROGRAMAS DE RADIO

IMAXEN
LubosHouska, Clásico retro radio antiguo museo, en pixabay.com, licenza CC 0


Os tipos de programas que podemos elaborar nunha radio escolar son moi variados: dende simples recitados de poemas ata verdadeiros traballos de investigación pasando por entrevistas ou programas de variedade. Por poñer algúns exemplos:

  • Monográficos.
  • Entrevistas.
  • Noticiarios.
  • Obras teatrais.
  • Recitado de poemas.
  • Lendas, refráns, adiviñas…
  • Programas de cociña.
  • Contacontos.
  • Cancións.
  • Programas especiais para as diversas conmemoracións.