A ‘ESCALETA’ ou GUIÓN

Como xa sinalamos con anterioridade, aínda que o propio dun programa de radio é a confección dunha ‘escaleta’, na primeira etapa de desenvolvemento dunha radio escolar podemos realizar guións máis simples que inclúan quen fala, e o que falan.

Xa nun paso posterior é importante a confección de algo máis detallado onde, ademais do anterior deben aparecer outros parámetros.

Non existe una única ‘escaleta’ válida, é máis, dende aquí recomendamos adaptala ás características do noso alumnado e do noso centro. O que é importante que aparezan unha serie de datos tales como: quen fai, que sucede, música ou non, efectos de son ou non, número de canción,…

Aquí vos deixamos un extracto dunha ‘escaleta tipo’ adaptada para alumnado de primaria para tratar de facilitarlle todo o proceso.