Todos os ordenadores cos que traballamos teñen un compoñente no seu interior que se encarga do tratamento do son: a tarxeta de son. Se queremos un tratamento máis específico ou profesional debemos botar man de tarxetas externas máis especializadas.
Noutros centros as tarxetas que utilizan para os obradoiros de radio veñen integradas nunha pequena mesa de son. No noso tomouse a decisión de facernos con dúas pezas de equipo por separado: tarxeta de son e superficie de control MIDI.
A tarxeta de son que temos no noso cole é a Behringer UMC404HD, é unha tarxeta robusta, cunha calidade de son aceptable e cun prezo non excesivo. Con este trebello podemos conectar catro micrófonos distintos ao mesmo tempo, regular a ganancia (volume de entrada) de cada un e controlar a mistura da escoita entre o son que entra polo micrófonos e o que estamos a reproducir dende o ordenador. Asemade ten outras posibilidades como a conexión dun aparello MIDI, insertos, conexión a diversos monitores,… que, en principio, non imos a utilizar.

Resumindo, trátase do centro neurálxico da nosa radio. O ordenador vai servir para reproducir e rexistrar as gravacións, mentres que a tarxeta é o punto de encontro e mistura de todo o son co que traballaremos.
PANEL FRONTAL DA BEHRINGER UMC404HD
O panel frontal da UMC404HD é onde atopamos a maioría dos controis e indicadores da tarxeta e as conexións para os micrófonos.

Nesta tarxeta podemos gravar 4 micrófonos/instrumentos á vez, polo que imos atopar controis por cuadriplicado.
| 1 Entrada de micrófono/instrumento 1. 2 Entrada de micrófono/instrumento 2. 3 Entrada de micrófono/instrumento 3. 4 Entrada de micrófono/instrumento 4. 5 Potenciómetro de micrófono/instrumento 1. 6 Potenciómetro de micrófono/instrumento 1. 7 Potenciómetro de micrófono/instrumento 1. 8 Potenciómetro de micrófono/instrumento 1. 9 Potenciómetro de mistura entre o son que entra polos micrófonos e o son que procede do ordenador. Á esquerda de todo 100% micrófonos e á dereita de todo 100% computadora. 10 Potenciómetro que controla o volume que vai á saída de auriculares da mistura que facemos no potenciómetro 9. 11 Conector JACK de saída de auriculares. Como xa veremos nós conectamos aquí un divisor para poder ter varios auriculares funcionando simultaneamente a través desta saída. 12 Potenciómetro de saída mestra. Nós non o utilizamos porque non temos nada conectado no panel traseiro nesa saída. |
Ao redor dos potenciómetros 5 ao 8 temos dous ‘switch’ e dous indicadores luminosos para cada micrófono. Os dous ‘switch’ deben estar sen premer, para traballar en modo ‘liña’ e non en modo instrumento, e para non atenuar o son ‘PAD’ (baixo -10 db aprox).
En canto aos indicadores luminosos, o de abaixo indica entra sinal na tarxeta a través desa liña (micro) e o de arriba, o vermello, indica cando nos estamos pasando de volume no micro. Debemos tratar de que esta luceciña vermella non se acenda, do contrario imos a notar CLIPAR o son (facer pequenas distorsión e sons desagradables).
PANEL TRASEIRO DA BEHRINGER UMC404HD

Na parte traseira da tarxeta UMC404HD atopamos un montón de conectores que non precisamos no noso traballo da radio. Só debemos prestar atención a est es do diagrama:
| 1 Porto USB para conectar a tarxeta co ordenador. Serve ademais alimentación para a tarxeta. 2 Conmutador de ON/OFF da alimentación PHANTOM, que é a que precisan os micrófonos de condensador. Se utilizamos os t.bone SC140, e PHANTOM non está activado, os micrófonos non funcionarán. Ao activar este ‘switch’ acéndense a luz correspondente no panel frontal: 48v. 3 Conectores RCA de saídas de son. Aquí é onde conectamos a tarxeta cos altofalantes para poder escoitar tanto o son dos micrófonos como o son que sae do ordenador. Temos dúas posibilidades de conexión A e B. Se os altofalantes están conectados en A, temos que asegurarnos que o ‘switch’ MONITOR do panel frontal (xusto enriba das luces de POWER e 48v) está en posición A, do contrario o son on sairá por eles. |
ESQUEMA DE CONEXIÓNS DA BEHRINGER UMC404HD
No seguinte esquema tratamos de simplificar todas as conexións entre os trebellos do noso obradoiro de radio. Como podemos apreciar, a tarxeta da que estamos falando é o núcleo central de todo o entramado.

Por último, temos un pequeno vídeo no que se explica o panel traseiro das conexións da nosa tarxeta.