
IMAXEN
shameersrk, Las manos suelo planta, en pixabay.com, licenza CC 0
Cando falamos sobre o ‘Software Libre’ xa introducimos, en parte, este tema. Cada creador/a é libre de rexistrar a súa obra do xeito que mellor lle pareza ou conveña. Nós, dende os centros educativos debemos utilizar material de xeito legal para os nosos traballos e, para a radio, tamén. Podemos distinguir aquí tres tipos de rexistro de autoría: o Copyright, o Copyleft e Creative Commons.

- COPYRIGHT: Trátase probablemente da licenza máis coñecida. É tamén a máis restritiva xa que todos os dereitos recaen sobre o autor/a e, basicamente, non podemos facer nada sen o visto bo do artista/a. É importante saber que o rexistro dunha obra, legalmente, non é obrigatorio, xa que co mero feito de creala xa se entende que é propiedade do seu autor/a. Tamén debemos ter en conta que se en algún recurso que atopemos non está especificado claramente o tipo de licenza, enténdese que está suxeita a copyright.
- COPYLEFT: É un tipo de licenza que comezou na década dos 80 no mundo da informática. Esta licenza creouse en contraposición á anterior e, basicamente, permite a utilización e modificación dos programas rexistrados baixo a mesma. Unha idea parella a este tipo de licenza é a gratuidade, sen embargo esta non é de todo correcta, xa que unha obra pode estar suxeita a licenzas deste tipo e ter igualmente un prezo de adquisición.
- CREATIVE COMMONS: Seguindo a licenza anterior, a comezos deste milenio creouse unha organización sen ánimo de lucro para poder xestionar a maneira na que os autores de contidos comparten estes a través da rede. Cada autor licenza as súas obras como considere máis oportuno, aínda que a filosofía é a de compartir coñecemento e cultura. Baixo esta organización podemos atopar varios tipos de licenza:
|
| CC 0 |
As obras de Dominio Público non
teñen restricións de utilización e non é necesario nomear
ao autor/a.
|
|
| CC BY |
Baixo esta licenza podes utilizar
este recurso, pero debes nomear a autoría.
|
|
| CC BY-SA |
Con esta licenza podes facer o uso
que precises do recurso, pero debes nomear ao autor
e a obra derivada que fagas a compartas baixo a mesma licenza.
|
|
| CC BY-NC |
Baixo esta licenza podes utilizar
o recurso, pero debes nomearao autor
e a obra derivada non pode ser utilizada de
xeito comercial.
|
|
| CC BY-NC-SA | Con esta licenza podes facer os uso que necesites do recurso, pero debes nomearao autor, que a obra derivada que fagas a compartas baixo a mesma licenza e esta non sexa para uso comercial. |
|
| CC BY-ND |
Baixo esta licenza podes utilizar
o recurso, pero debes nomearao autor
e non podes crear obras derivadas
dela.
|
|
| CC BY-NC-ND | Con esta licenza podes usar o recurso, pero debes nomearao autor, non podes crear obras derivadas dela e non o utilices de xeito comercial. |
Non debemos olvidar facer unha referencia clara aos autores/as dos recursos que utilizamos, tal e como explicamos neste vídeo.