Realización de radio en directo
A cuarta etapa é a de emisión en directo. Realmente non se precisa nada a maiores que na etapa anterior. Os recursos e habilidades que imos a utilizar son exactamente as mesmas pero, faise necesario o paso intermedio para que, cando se emita en directo, os erros que se cometan sexan os menores posibles, e saibamos saír airosos dos mesmos.
Estaremos preparados para afrontar esta última etapa cando fagamos varios Podcast en directo (sen postprodución) e todos os que interveñen na realización dos programas teñan un desenvolvemento e unha confianza axeitada.
Esta etapa podía estar dividida en dúas fases: unha primeira onde a emisión se levaría a cabo só para o propio centro (a través da megafonía interna) e outra onde as emisión se faría a través dalgún servizo existente na rede, e que puidera chegar tamén aos fogares do alumando.