LOCUTORES

Os locutores son a voz que plasma o ‘guión’ ou a ‘escaleta’ dos programas realizados, polo que a súa dicción debe ser moi boa. Deben falar de forma alta e clara, sen trabas, repeticións,…, en definitiva: deben amosar a súa mellor voz ao micrófono.

É importante que non se deixen levar nerviosismo e que non apuren a súa intervención para rematar o antes posible. Os oíntes van a agradecer unha voz clara e pausada.

Nos momentos que o texto así o requira, deberán ser quen de facer cambios na súa voz: de intensidade, timbre, velocidade, ton,…