DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 Marzo) | ENTREVISTA: Esther Regueira ‘Antoxo de Toxo’

Como cada ano, o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Dende o CEIP de Olveira quixemos facer a nosa pequena homenaxe a todas as mulleres, en especial ás nosas avoas, nais, irmás, curmás, compañeiras,…

Para iso, tivemos a sorte de poder entrevistar a Esther Regueira, unha muller do século XXI, polifacética, creativa, atrevida, traballadora,…, que en poucoas anos pasou de crear a súa propia empresa de customización de roupa a levar o peso dunha empresa adicada ao mexillón.

Aquí vos deixamos esta interesantísima entrevista.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Benny Martin Piano, ADELE – HELLO (piano instrumental cover), en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0

IMAXEN
OpenClipart-Vectors, Emancipation, en pixabay.com, licenza Pixabay License

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (24 Febreiro) | Recitando os seus poemas

Para conmemorar o ‘Día de Rosalía de Castro’ o alumnado do CEIP de Olveira decidiu recitar varios dos seus poemas máis coñecidos.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Alexander Nakarada, [Celtic Fantasy] → Nomadic Sunset, en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0

IMAXEN
Luis Sellier, Rosalia, en commons.wikimedia.org, licenza Public Domain

DÍA MUNDIAL DA RADIO (13 Febreiro) | Ponte Nas Ondas

Dende o CEIP de Olveira, e dende Supercoleondas (a radio do noso cole) queremos sumarnos á celebración do Día Mundial da Radio, por iso mandamos un saúdo para toda a xente de ‘Ponte nas Ondas’ e todas as radio escolares que cada día fan, do proceso de ensino, algo diferente para mestras/es e alumnado.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
MaxKoMusic, Happy Upbeat Ukulele, en soundcloud.com, licenza CC BY-SA 3.0

IMAXEN
fancycrave1, Radio clásico retro música viejo, en pixabay.com, licenza Pixabay License

DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO (25 Novembro) | CONTIÑO: Once damas atrevidas

O alumnado de 1º de EP do CEIP de Olveira fixo unha locución do conte de Oli Hellen Tomanssen: “Once damas atrevidas”.


Sé ti mesmas, que ninguén apague a túa luz.


————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO

gurdonark, Little_Penguin, en ccmixter.org, licenza CC BY

IMAXEN
JillWellington, Atardecer playa siluetas salto, en pixabay.com, licenza Pixabay License

DÍA DA INFANCIA (20 Novembro) | ENTREVISTA: Rubén Lijó ‘Pegasus’

Por mor da celebración do Día Internacional do Neno, os rapaces e rapazas de 5ºEP do CEIP de Olveira fixéronlle unha entrevista a Rubén Lijó, o presidente da ONG Pegasus de Ribeira que, entre outras cousas, fixeron varios viaxes a campos de refuxiados para levarlle alimentos, roupa, xoguetes ou bicicletas. Graciñas polo voso traballo e dedicación.


————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO

Doxent Zsigmond, Forgotten Land, en ccmixter.org, licenza CC BY

IMAXEN
Rubén Lijó, Logo Pegasus, licenza cedida polo autor.

CERTAME SAMAÍN 2020

Este ano o Certame do Samaín tróuxonos uns relatos de mooooiiiitooooo meeeddoooooo!!!

Houbo de todo: poesía, comics, contos,… Estes son algún dos que máis medo nos deron.

ATENCIÓN: Recoméndase escoitalos a escuras e con volume suficiente nos auriculares.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO

Psykick, Monsters (2nd Mix), en ccmixter.org, licenza CC BY

IMAXEN
Yuri_B, Víspera de todos los santos vector, en pixabay.com, licenza Pixabay License

ESPECIAL: Día internacional en contra da violencia de xénero | ‘Cambia o conto’

O alumnado de 6º de Ed. Primaria do CEIP de Olveira (Ribeira), por mor da conmemoración do ‘Día internacional en contra da violencia de xénero’, fixo un programa especial aproveitando a visita do grupo ‘Música miuda’.
O espectáculo que trouxeron foi ‘Cambia o conto’ onde se analizan os estereotipos de xénero nos contos populares.

————————————

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Jae the dreamer, All Me(Instrumental)- Drake ft. 2 Chainz/ Big Sean, en soundcloud.com, licenza CC BY-NC-SA 2.0
IMAXEN
Openclipart, Impresión púrpura de la mano, en publicdomainvectors.org, licenza
Dominio público

Os dereitos das nenas e dos nenos

O alumnado de Educación Infantil do CEIP de Olveira (Ribeira), confeccionou este pequeno podcast sobre os ‘Dereitos dos Nenos e das Nenas’ por mor do ‘Día Internacional da Infancia’.

————————————

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Free Music, Happy and Joyful Children, en soundcloud.com, licenza CC BY
IMAXEN
ArturoChoque, Niños Bolivia riendo, en pixabay.com, licenza Pixabay License

Historias do Samaín 2019

O alumnado de 6º de Ed. Primaria do CEIP de Olveira (Ribeira) inventou unhas historias de medo por mor da celebración do Samaín 2019. Despois, elas mesmas puxeron voz a estes contos. Ques escoitalas?? Retámoche a que escoites todo o podcast ata o final e despois comentes cal foi a que máis medo che dou!! Tes valor suficiente??

———————————————————————————–

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
SackJo22, White Out (Shade of the Moon Mix), en ccmixter.org, licenza CC BY
IMAXEN
AdinaVoicu, Ghost”, en pixabay.com, licenza, Pixabay License

ESPECIAL: Fin de curso

Programa especial de fin de curso onde facemos un repaso de aquelas celebración e actividades especiais realizadas no CEIP de Olveira durante o curso 18/19.

———————————————————————————–

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
texasradiofish, Groovin, en ccmixter.org, licenza CC BY NC
IMAXEN
Jose Losada – Fotografía, Faro de Corrubedo, en flickr.com, licenza CC BY