Este curso o alumnado do CEIP de Olveira conmemorou, como de costume, o Día da Paz. Entre outras actividades, gravaron este vídeo coa canción “Varre vasoira” das Fillas de Cassandra!
Parabéns polo traballo!
Este curso o alumnado do CEIP de Olveira conmemorou, como de costume, o Día da Paz. Entre outras actividades, gravaron este vídeo coa canción “Varre vasoira” das Fillas de Cassandra!
Parabéns polo traballo!
Para conmemorar o Día Internacional da Infancia, o alumnado do centro coa axuda da súa mestra de música prepararon unha canción moi animada: Xirarei Now! de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Moitos parabéns polo traballo!!!
Como non podía ser doutro xeito, o Samaín entrou con forza en Olveira e fíxonos pasar momentos moi divertidos como estes:
A rapazada de 3º de Educación Primaria de Proxecto Competencial, estiveron a traballar un proxecto sobre mulleres galegas importantes polo Día Internacional da Muller. O resultado é este pequeno vídeo que queremos compartir con vós.
Bo traballo!!
—————-
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO
Martijn de Boer (NiGiD), Whatever is Wrong, en CCMixter.org, Licenza CC BY-NC
O alumnado de 3º de Ed. Primaria fixo un traballo tomando como base un vídeo cedido pola xente de TIK TAK DRAW con ilustracións feitas en vivo e ben xeitosas.
Quixemos poñer as nosas voces á vida e obra de Rosalía de Castro como unha homenaxe máis á súa figura e á súa obra.
Moitas grazas por deixarnos colaborar con vós!!
—————-
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO
Stefan Kartenberg, Rocky Road to Dublin, en CCMixter.org, Licenza CC BY-NC
VÍDEO
Cedido para este traballo por: Tik Tak Draw, Rosalía de Castro, en Youtube.com, CR
Aquí vos deixamos un vídeo realizado polo alumnado do CEIP de Olveira co gallo do Día Internacional da Paz.
Parabéns, rapazada.. bo traballo.. e recordade que a Paz comeza cun sorriso!!
Aquí vos deixamos un traballo realizado polo alumnado de Proxecto Competencial de 3ºEP co gallo do 20 de novembro: Día Internacional da Infancia.
Esperamos que vos guste!
—————-
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO
spinningmerkaba, Thank You (Featuring Kara Square) , en CCMixter.org, Licenza CC BY-NC
Aquí vos deixamos un resumo do concerto que fixo o alumnado do CEIP de Olveira para despedir o curso. Moitos parabéns a todas e todos polo voso esforzo e dedicación.
Que pasedes un bo verán!!
Este curso tivemos a sorte de poder asistir a unha obra de teatro representada polo alumnado de 6º EP: “La caja de música”. O destino quixo que estivera gardada ata este momento para ver a luz, pero xa veredes como a espera pagou ben a pena.
Moitos parabéns polo traballo realizado e grazas por compartilo con todas e todos nós.
Este ano, polo ‘Día da Paz e Non Violencia’ traballamos a canción ‘Da tu nota por la Paz’ de Unai Quirós e gravamos a canción no noso estudo da radio para facer vídeo en ‘plano secuencia’ por todo o noso cole. A ver que vos parece!!