O pasado mes 7 de abril tivemos a sorte de que nos visitar a mesmísima Charo Pita para impartir un obradoiro de lectura expresiva no que, tanto profesorado coma alumnado aprendemos un montón. Grazas, Charo, esperamos volver a terte con nós!


O pasado mes 7 de abril tivemos a sorte de que nos visitar a mesmísima Charo Pita para impartir un obradoiro de lectura expresiva no que, tanto profesorado coma alumnado aprendemos un montón. Grazas, Charo, esperamos volver a terte con nós!



Despois deste ano tan ‘raro’, tivemos que paralizar as obras do local da radio peeroooo…. xa estamos de volta.
Esperamos poder ensinarvos o resultado final en breve!! Un saúdo e a coidarse moito!!
Para celebrar a semana da prensa, varios dos rapaces e rapazas de 5º de EP estiveron a traballar nun noticiario, a partir de novas reais do xornal fixeron a súa propia adaptación radiofónico. Aquí tedes o resultado!
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Ben Briggs, Splatoon Remix – Stay Fresh! (Squid Sisters News), en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0
IMAXEN
benjaminhartwich, Radio, en pixabay.com, licenza Pixabay License
Como cada ano, o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Dende o CEIP de Olveira quixemos facer a nosa pequena homenaxe a todas as mulleres, en especial ás nosas avoas, nais, irmás, curmás, compañeiras,…
Para iso, tivemos a sorte de poder entrevistar a Esther Regueira, unha muller do século XXI, polifacética, creativa, atrevida, traballadora,…, que en poucoas anos pasou de crear a súa propia empresa de customización de roupa a levar o peso dunha empresa adicada ao mexillón.
Aquí vos deixamos esta interesantísima entrevista.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Benny Martin Piano, ADELE – HELLO (piano instrumental cover), en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0
IMAXEN
OpenClipart-Vectors, Emancipation, en pixabay.com, licenza Pixabay License
Para conmemorar o ‘Día de Rosalía de Castro’ o alumnado do CEIP de Olveira decidiu recitar varios dos seus poemas máis coñecidos.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Alexander Nakarada, [Celtic Fantasy] → Nomadic Sunset, en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0
IMAXEN
Luis Sellier, Rosalia, en commons.wikimedia.org, licenza Public Domain
Dende o CEIP de Olveira, e dende Supercoleondas (a radio do noso cole) queremos sumarnos á celebración do Día Mundial da Radio, por iso mandamos un saúdo para toda a xente de ‘Ponte nas Ondas’ e todas as radio escolares que cada día fan, do proceso de ensino, algo diferente para mestras/es e alumnado.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
MaxKoMusic, Happy Upbeat Ukulele, en soundcloud.com, licenza CC BY-SA 3.0
IMAXEN
fancycrave1, Radio clásico retro música viejo, en pixabay.com, licenza Pixabay License
O 25 de Novembro, o alumnado de ‘Valores’ de 5º de EP do CEIP de Olveira confeccionou un vídeo-protesta en contra da violencia de xénero.
O alumnado de 1º de EP do CEIP de Olveira fixo unha locución do conte de Oli Hellen Tomanssen: “Once damas atrevidas”.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
gurdonark, Little_Penguin, en ccmixter.org, licenza CC BY
IMAXEN
JillWellington, Atardecer playa siluetas salto, en pixabay.com, licenza Pixabay License
Por mor da celebración do Día Internacional do Neno, os rapaces e rapazas de 5ºEP do CEIP de Olveira fixéronlle unha entrevista a Rubén Lijó, o presidente da ONG Pegasus de Ribeira que, entre outras cousas, fixeron varios viaxes a campos de refuxiados para levarlle alimentos, roupa, xoguetes ou bicicletas. Graciñas polo voso traballo e dedicación.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Doxent Zsigmond, Forgotten Land, en ccmixter.org, licenza CC BY
IMAXEN
Rubén Lijó, Logo Pegasus, licenza cedida polo autor.

Este ano o Certame do Samaín tróuxonos uns relatos de mooooiiiitooooo meeeddoooooo!!!
Houbo de todo: poesía, comics, contos,… Estes son algún dos que máis medo nos deron.
ATENCIÓN: Recoméndase escoitalos a escuras e con volume suficiente nos auriculares.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Psykick, Monsters (2nd Mix), en ccmixter.org, licenza CC BY
IMAXEN
Yuri_B, Víspera de todos los santos vector, en pixabay.com, licenza Pixabay License