LETRAS GALEGAS 2025 | CANTAREIRAS | CEIP de Olveira

Por mor da celebración do Día das Letras Galegas que recoñece este ano a labor das “CANTAREIRAS” no mantemento da nosa lingua e da cultura inmaterial, o CEIP de Olveira convidou a todo o alumnado a que gravaran algún cantar sós ou coa súa familia.
Aquí vos deixamos o resultado deste traballo.

Moitos parabéns a todas e todos os participantes!!

PROXECTO DI-VERSOS | CEIP de Olveira 25

Neste curso o alumnado de 4º de Ed. Primaria do CEIP de Olveira, participou no “Proxecto Di-Versos: Cancións pola diversidade” organizado polos Servizos Sociais do Concello de Ribeira e levado a cabo por “Canción De-Satre”.


Nel reflexionaron sobre o tema da diversidade no seu sentido máis amplo e foron quen de escribir a súa propia canción e de gravala coa axuda de Nando Pérez.

Parabéns, rapazada!!

ENTROIDO | CEIP de Olveira 2025

O entroido pasou por Olveira, e como de costume, revolucionouno todo!! Os científicos/as, inventores/as, inxeñeiras/os,… viñeron ao noso cole a contarnos as súas andanzas a ritmo de comparsas, bailes e disfraces!!

Parabéns!!

NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!

EDUCACIÓN INFANTIL


1º CICLO DE PRIMARIA


2º CICLO DE PRIMARIA


5º EDUCACIÓN PRIMARIA


6º EDUCACIÓN PRIMARIA

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO | CEIP de Olveira 2025

Aquí vos deixamos varios podcast realizados polo alumnado do CEIP de Olveira durante o curso 24/25 co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro.

Bo traballo, rapazada!!

Leire e Manuel


Juan José, Enzo e Julia


Lois, Victor, Joel e Christian


Xiana, Aldara, Maya e Sara


Sabela, Diego, Carmen, Lucía e Cris