Traballo realizado polo alumnado de Lingua Galego de 5º de EP. Despois de traballar ‘a noticia’ en clase, inventaron as súas propias noticias, aquelas que lles gustaría que sucederan en 2023.
Unha das actividades que levamos a cabo para rematar este curso foi un concerto da man do noso alumnado, grazas á organización e ao traballo de Estrella, a mestra especialista en música.
No presente curso 21/22 un grupo de mestres estivo facendo un curso de radio no noso cole para seguir a formarse e poder aproveitar este recurso o mellor posible no proceso de ensino-aprendizaxe. Aqui tedes unha mostra dun dos obradoiros.
O alumnado de 6º de EP do CEIP de Olveira estivo a traballar sobre o Día Internacional en contra do acoso escolar. Como resuitado do traballo confeccionaron un calendario con lema de “12 MESES SEN ACOSO” e gravaron un podcast para facer fincapé na importancia que ten este tema e de facernos refexionar sobre o mesmo.
O alumnado de 6ºEP da área de Valores Sociais e Cívicos relaizou este podcast como traballo final do tema tratado en clase sobre os Dereitos do Consumidor.
Hoxe cambiamos a canción do noso ‘timbre musical’ por mor do Día da Muller. Nesta ocasión soou o tema das Tanxugueiras: “Que non mo neguen”. Aquí volo deixamos por se queredes ecoitalo.
Por tódalas mulleres do Mundo, sen vós nada sería posible!!
QUE NON MO NEGUEN (TANXUGUEIRAS)
Fago todo o que eu quero E o que me sae de dentro Non preciso de ninguén Que eu mesma xa me chego
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve
Eu e máis vós compañeiras Eu e máis vós camaradas Cantamos e arruamos Facemo-la foliada
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve Que mala febre o leve Ai lalalá, ai lalá
O cantar é das solteiras O cantar é das solteiras Tamén che é das casadas Cando son foliaderas
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve
Vivamos nós as mulleres Berremos todas ben alto Que viva a nosa fala E que viva o noso canto
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve Que mala febre o leve Ai lalalá, ai lalá